A Coruña preséntase como a candidata galega para ser a sede da Intelixencia Artificial
A Coruña preséntase como a candidata galega para ser a sede da Intelixencia Artificial
Será a primeira que haberá na UE para supervisar que as novas tecnoloxías sexan seguras
A Xunta e o concello defenden que A Coruña cumpre con todos os requisitos
Acaba de presentarse na Coruña a candidatura galega para que a cidade acolla a sede da Axencia Española de Intelixencia Artificial, a primeira que haberá na Unión Europea para supervisar que as novas tecnoloxías sexan seguras e garantan a privacidade e dereitos fundamentais dos cidadáns.
A Xunta e o concello defenden que A Coruña cumpre con todos os requisitos para ser elixida sede desa axencia. Tras décadas de traballo de Universidade e empresas tecnolóxicas, A Coruña defende que reúne todas as condicións necesarias para acoller a sede da Axencia Española da Supervisión de Intelixencia Artificial.
O presidente da Xunta agradece o traballo do comité encargado de facer unha avaliación obxectiva para escoller A Coruña entre as aspirantes galegas e di que agora é momento de traballar unidos para atraer un proxecto que beneficiará todo o país.
A Coruña formalizará a súa candidatura nas próximas horas. O prazo para solicitar a sede pecha a próxima semana. A partir de aí comeza a competición con outras cidades españolas para que o Goberno escolla cal delas albergará a Axencia de Intelixencia Artificial.