Os presidentes do PP asinan un manifiesto contra o cupo catalán
Os presidentes do PP asinan un manifiesto contra o cupo catalán
O PSC di que o acordo recolle un modelo singular para Cataluña que se vai cumprir
Primeira reunión da comisión executiva do Partido dos Socialistas de Cataluña desde a investidura de Salvador Illa. Un encontro marcado polo modelo de financiamento tras o pacto con Esquerra Republicana e as críticas doutras federacións do PSOE.
"É un acordo que falar dun modelo singular para Cataluña que imos cumprir ao cento por cento", explica Lluisa Moret, vicesecretaria do PSC.
Unhas declaracións que responden á ameaza de ERC de retirarlle o seu apoio a Pedro Sánchez se son se cumpre o acordo de investidura tras as declaracións da vicepresidenta María Jesús Montero. O Goberno cre que o debate é positivo.
"Falar de financiamento é falar de servizos públicos, de como se van financiar e como se van mellorar. E que non esteamos falando de independencias unilaterais", di José Manuel Albares, ministro de Asuntos Exteriores.
O Partido Popular marca como prioridade para este curso político o financiamento autonómico. Di que é un asunto de extrema urxencia porque intenta crear un estado confederal pola porta de atrás O comité de dirección aprobou un manifesto en defensa da igualdade fiscal dos españois que levarán agora a concellos e institucións porque din que é un punto transversal que conta co apoio de moitos socialistas.
"Estamos ante un desafío nacional que transcende as siglas dun partido. Estamos falando da estabilidade do país tal e como o entendemos. Isto de que o independentismo pide, Sánchez da e os españois pagan tense que acabar", sentenza Borja Sémper, voceiro do PP.
Este martes reunirase a Deputación Permanente do Congreso tras un mes de pausa. Debateranse as nove peticións de comparecencia do presidente Pedro Sánchez e varios ministros para dar conta dos asuntos que marcan o curso político. Entre eles, o acordo de financiamento para Cataluña.
Alfonso Rueda pídelle ao Goberno que reúna xa a Conferencia de Presidentes para falar de financiamento autonómico. O presidente da Xunta cre que a oposición ao concerto económico para Cataluña debería estar por riba de cores políticas. E agarda que as comunidades gobernadas polos socialistas rexeiten o acordo do PSC con Esquerra.