Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Cuncha de Ouro 'O corno' abre o festival Curtocircuíto entre ovacións

A Cuncha de Ouro 'O corno' abre o festival Curtocircuíto entre ovacións

A película de Jaione Camborda pasará tamén polo festival de Ourense antes de chegar ás salas comerciais a semana que vén

G24.gal 03/10/2023 21:43 Última actualización 04/10/2023 08:07

O corno, a gran triunfadora no pasado festival de San Sebastián, xa se pode ver en Galicia. De momento, só puideron gozar dela os asistentes ao festival Curtocircuíto, que este martes comezou en Santiago. Alí estiveron a directora do filme Jaione Camborda e boa parte do elenco.

O corno, con participación da Televisión de Galicia, é a primeira película en galego gañadora dunha Cuncha de Ouro. Este mércores proxectarase tamén no festival de cine de Ourense. A semana que vén chegará xa ás salas comerciais.

Nesta proxección en Compostela, o ambiente era de euforia logo do éxito da película. A súa directora declarouse abraiada pola expectación e a acollida. Para o director artístico do Curtocircuíto, Pela del Álamo, inaugurar o festival con esta película é un agasallo.

Tamén estivo na estrea o conselleiro de Cultura. Román Rodríguez cre que o éxito de O corno é unha proba do talento e a calidade do audiovisual galego.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos