Publicador de contidos
Publicador de contidos

A defensa dun condenado a 15 anos de cárcere por asasinar outro en Betanzos en 2018 pide a nulidade do xuízo

A defensa dun condenado a 15 anos de cárcere por asasinar outro en Betanzos en 2018 pide a nulidade do xuízo

Alega que non puido interrogar unha testemuña que el considera clave, e que cambiaría o resultado da vista

G24.gal 03/11/2021 14:51

A defensa dun home condenado a 15 anos de cárcere por asasinar a outro en Betanzos en 2018 pide a nulidade do xuízo.

Alega que non puido interrogar unha testemuña que el considera clave, e que cambiaría o resultado da vista. A Audiencia Provincial da Coruña considerou probado que lle asestou varias coiteladas a outro home co que previamente discutira á saída dun bar.

No xuízo, o acusado recoñeceu os feitos, pero mantén que a vítima foi quen o atacou primeiro. Agora, ante o TSXG, a defensa tamén pide que se teñan en conta as atenuantes de intoxicación etílica e anomalía psíquica, que non se admitiron durante o xuízo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade