A derrota do Deportivo en Éibar volve apertar a zona alta
A derrota do Deportivo en Éibar volve apertar a zona alta
Triplo empate a 37 puntos entre as coruñesas, as eibarresas e o Barcelona B
Valeu o gol de Ane Campos no minuto 21
O Deportivo Abanca perdeu unha grande oportunidade para abrir unha boa fenda á fronte da segunda categoría feminina. Perdeu ante un rival directo, o Éibar, que iguala no máis alto da clasificación e acaba gañando a diferenza de goles particular (na ida houbo un empate).
O gol de Ane Campos no minuto 21 decidiu un partido moi parello, con escasas oportunidades, en que os dous equipos sabían o moito que estaban a xogar.
Éibar, Deportivo e Barcelona B, que gañou no campo do Cacereño, empatan con 37 puntos no máis alto da táboa e deixan un treito final de campionato máis que emocionante para coñecer o equipo que ascende á máxima categoría.