Publicador de contidos
Publicador de contidos

A dieta atlántica é beneficiosa para a saúde das persoas e para o medio ambiente

A dieta atlántica é beneficiosa para a saúde das persoas e para o medio ambiente

O ensaio clínico realizado polo Instituto de Investigación Sanitaria da USC confirmou que diminúe a incidencia da síndrome metabólica a a pegada de carbono

A dieta atlántica estaría relacionada coas baixas taxas de enfermidade coronaria no norte de España e en Portugal

G24.gal 01/06/2024 12:51

250 familias da Estrada participaron no primeiro ensaio clínico controlado sobre a dieta atlántica, a tradicional de Galicia e do norte de Portugal. En seis meses comprobaron que este tipo de alimentación é boa para a saúde e para o medio ambiente.
 

"Obtivemos resultados moi bos. Diminúe a incidencia da síndrome metabólica e se obxectivaron menor pegada de carbono nos alimentos consumidos no grupo de intervención, ata 0,17 quilogramos de CO2 por persoa e día fronte ao grupo de control".

 

A dieta atlántica baséase no consumo de froitas, verduras, cereais, legumes, lácteos, peixes e mariscos, e aceite de oliva, con consumo moderado de carnes e ovos. O ensaio clínico levado a cabo polo Instituto de Investigación Sanitaria da Universidade de Santiago tivo moita repercusión nos Estados Unidos e puxo a nosa dieta ao mesmo nivel que a dieta mediterránea.

 

"Non só favorece a lonxevidade. A adherencia á dieta atlántica relacionase cunha mellor microbiota intestinal, e con mellores parámetros de colesterol, triglicéridos, presión arterial, a glucosa. É dicir, está afectando á saúde humana no seu conxunto, de aí as taxas baixas que se rexistran de enfermidade coronaria no norte de España e Portugal".

 

O proxecto terá continuidade, co seguimento dos participantes no estudo para comprobar se manteñen no tempo unha dieta e un estado físico saudable.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade