Publicador de contidos
Publicador de contidos

A dimisión de Rubén Domínguez serve de incentivo para o Ourense (0-2)

A dimisión de Rubén Domínguez serve de incentivo para o Ourense (0-2)

Gañou o primeiro partido da temporada no campo do filial do Athlétic

G24.gal 26/10/2024 22:08

Primeiro partido do Ourense sen Rubén Domínguez no banco e chegou a reacción. Adrián Abalo, o que era o segundo adestrador, estivo á fronte do equipo neste partido. Foi a primeira vitoria do equipo ourensán. Chegou na décima xornada ante o filial do Athlétic de Bilbao. Marcaba o primeiro gol Iván del Olmo no minuto 12. E a piques de chegar ó descanso Carbonell facía o 0-2 cun disparo espectacular. Primeiros tres puntos que suma o Ourense para ver o futuro de mellor xeito.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade