Publicador de contidos
Publicador de contidos

A DINA pon en alerta máxima tres comarcas de Tarragona

A DINA pon en alerta máxima tres comarcas de Tarragona

En Castelló e Teruel o aviso é laranxa pero persiste o risco de inundacións

G24.gal 31/10/2024 21:15 Última actualización 31/10/2024 21:25

Os ríos tinguiron de marrón o Mediterráneo en varios puntos de Castelló. Esta é a desembocadura do  Cervós en Benicarló. Leitos ata hoxe baleiros, como o do río Seco, baixan con forza cortando estradas e levando por diante o que atopan.

Finalizou o aviso vermello por fortes chuvias na provincia de Castelló, pero mantense activada a alerta laranxa e o risco de inundacións. Xa as houbo puntuais en varias localidades, pero sen causar estragos graves.  Quedaron illadas casas pola enchente dos ríos e os bombeiros da Deputación e da Generalitat tiveron que rescatar varias persoas en helicóptero.

A DINA perdeu  forza, pero segue sendo perigosa en Teruel. Os veciños non lle quitan ollo ao río Matarraña porque segue chovendo e vai ao límite.

Hai constancia de estragos  en vivendas e infraestruturas no Baixo Aragón. Tamén na provincia de Tarragona, onde se manterá activo o plan contra inundacións en catro comarcas durante o venres e toda a fin de semana. En tres o nivel de a alerta é máxima.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade