Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un empresario galego refuxiou centos de afectados pola DINA: "Fixemos o que debiamos facer"

Un empresario galego refuxiou centos de afectados pola DINA: "Fixemos o que debiamos facer"

As estacións de servizo, algunhas con hotel e restaurante, serviron de acubillo para transportistas e traballadores dos polígonos industriais que quedaron atrapados no medio da DINA

Dispuxeron de colchóns en calquera recuncho das instalacións para o descanso dos afectados
G24.gal 31/10/2024 15:09

É un grupo empresarial galego que conta cunha rede áreas de servizo espallados por toda a xeografía. Tamén en Valencia. Esas instalacións, algunhas con hotel e restaurante, foron o refuxio para centos de persoas, sobre todo transportistas e traballadores dos polígonos industriais que quedaron atrapadas no medio da DINA.

"Nós so fixemos o noso labor como empresarios que é crear valor na sociedade. Non fixemos nada máis do que fixo unha chea de empresarios que teñen áreas de servizo coma nós e xente que estaba alí", explica Pablo Val, administrador do grupo de empresas Staroil.

No medio do caos e a desolación, centos de persoas puideron durmir, comer e comunicarse coas súas familias grazas ao esforzo das traballadores desta empresa galega, que tamén sufriu as consecuencias das inundacións. Dende Galicia, Pablo coordinaba e incluso conseguiu contactar coa UME para que fose evacuar un dos afectados que precisaba atención hospitalaria urxente. Esa noite tampouco el puido durmir.

"Durmín pouco, si, o certo é que durmín pouco, axudando e botándolle un cable a elas, sobre todo para que estivesen máis tranquilas", engade.

O Levante segue a necesitar axuda. A obra social de Abanca puxo á disposición da cidadanía contedores para recoller alimentos non perecedoiros. A Xunta tamén enviou á zona afectada o Pesca 1, para colaborar nas tarefas de rescate.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos