Publicador de contidos
Publicador de contidos

O exército súmase á busca dos cinco desaparecidos no pobo albaceteño de Letur

O exército súmase á busca dos cinco desaparecidos no pobo albaceteño de Letur

57 soldados, dúas unidades da Ume e cans especializados únense ao rastrexo

G24.gal 31/10/2024 21:18 Última actualización 31/10/2024 21:30

As máquinas traballan na construción dunha rampla para conectar o centro do pobo, arrasado pola enchente, e o cauce do río Segura, onde foi parar todo o material arrastrado pola auga. É aí onde se centra a busca dos desaparecidos.

En Letur faleceu unha anciá de 92 anos. Os cinco desaparecidos son unha muller, dous operarios municipais un matrimonio novo, que foi arrastrado pola riada cando estaba no balcón da súa casa.

Nas últimas horas saltou a posibilidade de que aparecera unha desas cinco persoas.

57 efectivos do Exército de Terra incorporaranse ao operativo de busca, ao que se van sumar dúas unidades da UME con cans especializados.

Unha muller de 88 anos foi atopada sen vida no garaxe da súa casa en Mira, en Cuenca. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar