Publicador de contidos
Publicador de contidos

A directora de 'Barbie', Greta Gerwig, presidirá o xurado do próximo Festival de Cannes

A directora de 'Barbie', Greta Gerwig, presidirá o xurado do próximo Festival de Cannes

G24.gal 14/12/2023 10:43

A directora, guionista e actriz estadounidense Greta Gerwig será a presidenta do xurado da edición número 77 do Festival de Cannes, que se celebrará do 14 ao 25 de maio de 2024, informou hoxe a organización nun comunicado.

O festival destacou que Gerwig, que este ano "bateu todos os récords" con Barbie, é unha "heroína dos nosos tempos" que desafía as normas de "unha industria cinematográfica codificada e dunha época que necesita ser cuestionada", ademais dunha "amante do cinema".

Gerwig, que sucede o director sueco Ruben Östlund á fronte do xurado de Cannes, convértese así na primeira cineasta americana en exercer este rol e, con 40 anos, é a segunda figura máis nova en ocupar esta función tras a actriz Sofía Loren, que o fixo con 31 anos en 1966.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade