Publicador de contidos
Publicador de contidos

A economía e a guerra derruban a preocupación dos mozos polo machismo

A economía e a guerra derruban a preocupación dos mozos polo machismo

O barómetro de UNICEF revela que o machismo pasou de ser a principal preocupación da rapazada ao décimo terceiro posto

 

Mozos participantes e autores do barómetro durante a presentación
G24.gal 02/02/2023 13:55

A situación económica e a guerra de Ucraína son os problemas que máis preocupan aos mozos galegos.

O barómetro de opinión da infancia e a adolescencia realizado pola UNICEF en colexios de toda España revela que os rapaces de entre 12 e 18 anos padecen os acontecementos políticos e sociais da súa contorna tanto ou máis que os adultos. A pandemia de covid, a guerra e a deterioración económica e medioambiental están entre as súas principais inquedanzas, e desprazan o machismo, que pasou dos primeiros postos no barómetro de 2019 ao décimo terceiro en 2021

"En parte pode ser debido a que hai novas preocupacións, como o cambio climático, que volveu subir un pouco, a guerra, a pandemia, a presión en xeral, a saúde mental. Non é que se perdera o interese en si, senón que hai novas preocupacións que lle quitaron ese posto", explica o estudante Gorka, un bilbaíno de 13 anos que participou no barómetro de 2021.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade