Publicador de contidos
Publicador de contidos

A empanada de millo, protagonista de novo en Valga

A empanada de millo, protagonista de novo en Valga

Os asistentes puideron degustar empanadas de ata dez metros

G24.gal 09/06/2024 18:19

E o reclamo en Valga é a festa da empanada de millo, que se recupera despois de cinco anos de parada. Hainas duns 10 metros de lonxitude e ten recheos do máis variado: dende os clásicos de atún, zorza e bacallau, ata o máis novo de cebola con azucre. A degustación é o colofón a unha mañá de festexos que se encargou de abrir o grupo de gaitas Chinguilipé, de Moraña.

O repartimento de empanada comezou ao mediodía no teleclub da parroquia de Cordeiro, epicentro da celebración. Unha festa que a asociación veciñal, cultural e deportiva da parroquia se esforzou por recuperar despois de cinco anos parada por mor da pandemia e por problemas de infraestruturas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos