Intensifícase a erupción do Etna con lava e unha columna de fume de cinco quilómetros
Intensifícase a erupción do Etna con lava e unha columna de fume de cinco quilómetros
O Instituto Nacional de Xeofísica e Vulcanoloxía (INGV) segue con atención a súa actividade, con altibaixos nos últimos días
A erupción tamén está a causar un "tremor continuo" e "moi elevado" rexistrado a 2.800 metros sobre o nivel do mar
A erupción do Etna, o maior volcán activo da placa europea e situado na illa italiana de Sicilia, intensificouse nas últimas horas coa expulsión de lava e dunha columna de fume de cinco quilómetros de altura.
O Instituto Nacional de Xeofísica e Vulcanoloxía (INGV) segue con atención a erupción, con altibaixos nos últimos días, e confirmou durante a noite do domingo a súa "intensificación", visible sobre todo pola columna de cinzas que se esparexen cara ao sueste.
A erupción tamén está a causar un "tremor continuo" e "moi elevado" rexistrado a 2.800 metros sobre o nivel do mar, polo que non afecta a cidades situadas nas súas faldras, como Catania.
A erupción rexistrouse no seu cráter Voragine, un dos catro que coroan este gran volcán que, tras as explosións de febreiro do 2021, aumentou a súa altura ata os 3.357 metros.
Moi preto do Etna, tamén leva varios días activo o volcán Stromboli, nunha pequena illa do mar Tirreno. A súa poboación extremou a precaución, aínda que está afeita a este fenómeno dadas as súas frecuentes explosións.