Publicador de contidos
Publicador de contidos

A escaseza de leite e os custos de produción afogan as pequenas e medianas queixerías

A escaseza de leite e os custos de produción afogan as pequenas e medianas queixerías

Algúns queixeiros xa están a pagar o litro de leite a 50 céntimos

Agárdase unha suba de prezos e unha caída da produción

G24.gal 18/08/2022 20:30

O peche de explotacións, a seca e a calor levaron a unha baixada na produción de leite no último mes.

Así, as grandes industrias subiron os prezos para facerse coa meirande cantidade de leite posible e as pequenas e medianas queixerías teñen moitas dificultades, xa non para incrementar a súa produción, senón mesmo para manter os niveis actuais. E todo no momento de máxima demanda dos últimos anos.

Ademais, as queixerías levan meses padecendo a suba de custos de enerxía, embalaxes, transporte ou maquinaria. O problema é que non poden repercutir esas subas no prezo do queixo. Ben porque teñen contratos asinados coas empresas de distribución ou ben porque corren o risco de perder cota de mercado.

Aínda así, o queixo terá que ser máis caro a curto prazo.

Algunhas queixerías xa están a pagar máis de 50 céntimos por litro de leite das chamadas cisternas spot.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade