Publicador de contidos
Publicador de contidos

A escaseza de oferta ante unha demanda crecente eleva os prezos do alugueiro de garaxe na Coruña

A escaseza de oferta ante unha demanda crecente eleva os prezos do alugueiro de garaxe na Coruña

Nas inmobiliarias din que é difícil atopar prazas por baixo dos 120 euros mensuais

G24.gal 31/01/2024 21:43 Última actualización 31/01/2024 22:05

A singularidade da cidade da Coruña, cunha zona centro limitada en espazo, e os novos modelos de mobilidade urbana que dan prioridade aos peóns fronte aos coches acentuaron o problema da escaseza de prazas de garaxe elevando os prezos, especialmente no centro.

Na inmobiliaria InmoTK, o seu xerente Javier Carballo apunta: "O máis común son 120 euros ao mes. É difícil encontrar prazas por debaixo dese prezo. Móvense entre os 120 e os 150 euros. Se nos vamos máis ás aforas si que podemos baixar dos 100 euros".

Aínda que non é o máis común, hai ocasións en que o alugueiro mensual pode achegarse aos 200 euros. Así o sinala Bernabé Porbén da Inmobiliaria Rasolenia que circunscribe estes elevados prezos a zonas como María Pita, Cidade Vella e a zona do Ensanche. 

Na franxa máis económica pode atoparse garaxe por 70, 80 ou 90 euros ao mes. Iso si, nos barrios máis periféricos. A maior demanda é a de persoas residentes. Segundo Bernabé Porbén, isto vén motivado "polas características dos edificios no centro, só o 10 % ou 15 % teñen garaxe no propio edificio".

Para quen precisa unha praza de garaxe porque traballa na Coruña hai unha opción máis accesible: os aparcadoiros públicos xestionados por empresas concesionarias. Mais aquí a oferta tamén rarea.

Na procura de alternativas hai quen xa evita levar o coche ata centro da cidade. 

"Estanse a dar casos de xente que aparca nas aforas ou noutros concellos e logo trasládase á cidade en autobús", asegura Javier Carballo, xerente de InmoTK.

Ante a falta de garaxes, no sector inmobiliario recoñecen que vai ser difícil que os prezos se reduzan nun horizonte próximo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade