Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Escola Naval Militar de Marín arranca o curso cos alumnos de novo ingreso

A Escola Naval Militar de Marín arranca o curso cos alumnos de novo ingreso

Ingresaron os alumnos de primeiro curso e o resto, tamén a princesa Leonor, farao o próximo 29 de agosto

G24.gal 19/08/2024 15:05 Última actualización 19/08/2024 15:25

Case 150 aspirantes de novo ingreso arrancaron o curso 2024-2025 na Escola Naval Militar de Marín. Inician agora un período de adaptación de 15 días, tras o que se converterán en militares de carreira. 

Dos 146 aspirantes, 53 accederon con titulación previa e 93, sen ela, despois de aprobar a ABAU. Por diante teñen cinco anos en que poderán cursar o grao universitario de Enxeñería Mecánica.

Hai 17 mulleres entre os novos alumnos, un 12 por cento do total. Está previsto que o resto do alumnado inicie o curso o 29 de agosto. Entre eles estará a princesa Leonor de Borbón, que ingresa xa en Terceiro curso como gardamariña de primeiro. 

Os alumnos de terceiro estudan e viven en Marín ata o 20 de decembro. Á volta das vacacións de Nadal, xa en xaneiro, embarcan no buque escola Juan Sebastián el Cano ata xullo. É o periplo previsto para a princesa Leonor, que se incorporará como unha alumna máis dos arredor de 600 militares que se forman na Escola Naval de Marín.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade