Publicador de contidos
Publicador de contidos

A escritora Inma Chacón presenta na Coruña a súa última novela 'El cuarto de la plancha'

A escritora Inma Chacón presenta na Coruña a súa última novela 'El cuarto de la plancha'

A protagonista é a súa nai e as historias que lles contaba na casa

G24.gal 30/05/2023 20:46 Última actualización 30/05/2023 21:21

Novelista, poetisa, dramaturga. Inma Chacón recíbenos para falar da súa última novela El cuarto de la plancha, con súa nai como protagonista.

"Quería conservar a súa voz nas anécdotas que nos contara moitas veces. Dicía isto xa volo contei, pero seguía contándoo. Gustáballe contalo porque cando o contaba revivía tamén a voz da súa propia nai".

En El cuarto de la plancha, os personaxes non teñen nomes para abordar historias familiares e, a través delas, temas como o amor, a morte ou a timidez na que a propia autora se recoñece. "Os tímidos loitamos contra a timidez e, así e todo, non nos decatamos de que estamos a loitar contra nós mesmos. Entón, que é o que sucede? A persoa tímida o que ten que superar é a vergoña".

Reflexiona tamén sobre a dualidade e a soidade, que ela descubriu aos 49 anos, cando morreu a súa irmá xemelga, a tamén escritora Dulce Chacón. "Ata que a miña irmá morreu eu non sabía o que era ese sentimento e cando o sentín dixen e isto que é? Chamei unha amiga e díxenlle non sabes o soa que me sinto. E ela díxome: benvida ao mundo, así estamos todos; ti tiveches a sorte de ter a Dulce ao teu carón durante moito tempo e agora estás soa como todos os demais". 

El cuarto de la plancha é un texto íntimo cargado de emoción co que Inma Chacón quere, por extensión, render homenaxe a todas as nais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade