Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Estrada vive no medio da semana dous días grandes de festa

A Estrada vive no medio da semana dous días grandes de festa

A Festa da Bicicleta, as alfombras florais e as actividades musicais, eventos relevantes no segundo día consecutivo de festa grande na vila

Ás once da mañá deste xoves tomaron a saída na praza do Mercado da Estrada ducias de participantes na Festa da Bicicleta
G24.gal 27/06/2024 14:05

A Estrada ergueuse este xoves co espertador en modo festivo. E así van polo segundo día seguido:

"Onte foi o día do patrón, San Paio, e hoxe é do Santísimo. Grandes son os dous días. Son diferentes, pero son os festivos por excelencia do concello e onde se congregan moitas actividades", explica Javier García Calvo, Inspector Xefe da Policía Local.

E tras a verbena do San Paio esta mañá a Festa da bicicleta reuniu desde as dez na praza do Mercado ducias de persoas de moi diversas idades dispostas a facer un percorrido polas rúas.

Mentres unhas pedalaban, os responsables das alfombras florais para a procesión deste serán andaban cos últimos preparativos. Alfombristas de varias procedencias expresarán con labras, serraduras, pétalos e cunchas trituradas sobre o pavimento a súa creatividade. O que vemos aquí é só unha pequena parte do material:

"Participarán varias asociacións de alfombristas: Ponteareas, Ames, Rianxo, Bueu e a Estrada. Haberá dúas alfombras, unha na Porta do Sol e outra na Farola feitas en estilo Pop Art e non trescentos metros que hai entre ambas imos intentar facer dez pequenas alfombras", sinala Carlos Henrique Fernández Coto, presidente da Federación de Alfombristas de Galicia. E o xefe da Policía Local engade que "temos tamén numerosas actuacións e agardamos que a vila se encha de xente outra vez".

E entre as musiciais, non podía faltar o pasarrúas da banda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar