A exmoza do suposto asasino foi quen sinalou o sospeitoso da morte de Jimmy
A exmoza do suposto asasino foi quen sinalou o sospeitoso da morte de Jimmy
O sospeitoso é membro do Frente Atlético
Unha nova testemuña pode conducir á repertura do expediente do caso Jimmy, arquivado no seu día. Segundo as últimas informacións que transcenderon, esa testemuña sería unha muller que agora mesmo reside fóra de España, pero que no momento do suceso, novembro de 2014, era a moza dun dos membros do Frente Atlético, o grupo de seareiros radicais do Atlético de Madrid co que se enfrontaron aquel día o Riazor Blues, aos que pertencía Francisco Javier Romero, alias Jimmy.
Esta persoa puxo unha denuncia contra a súa exparella por supostos malos tratos e nela, para describir o seu carácter violento, puxo como exemplo as veces que, vendo as imaxes da liorta na televisión, presumía de que fora el quen botara a Jimmy ao río Manzanares, de onde xa non saíu con vida. Esta declaración produciuse en 2018, dous anos despois de que o caso Jimmy fora arquivado por primeira vez.
A localización desta muller por parte da policía e a súa ratificación na súa versión pode significar agora a reapertura do caso. O avogado da familia de Jimmy amósase satisfeito. Di que é un paso máis para lograr esclarecer os feitos.