Publicador de contidos
Publicador de contidos

A exposición de Steven Meisel, icona da fotografía de moda, abre na Coruña

A exposición de Steven Meisel, icona da fotografía de moda, abre na Coruña

Presenta máis de cen retratos clásicos de homes e mulleres do mundo da moda e do cine

Está considerado coma o fotógrafo de moda máis relevante e prolífico da súa xeración

A exposición poderá visitarse ata o 1 de maio de 2023 con entrada libre

G24.gal 18/11/2022 08:55 Última actualización 19/11/2022 08:32

A exposición fotográfica 'Steven Meisel 1993 A Year in Photographs' xa está aberta ao público. Este venres presentouse aos medios de comunicación no peirao de batería da Coruña.

A exposición que promove a Fundación MOP, presidida por Marta Ortega Pérez, reúne imaxes realizadas polo fotógrafo ao longo de doce meses de intensa creatividade.

A exposición desta icona da fotografía da moda que é Steven Meisel poderase ver ata o 1 de maio de 2023 con entrada libre. A mostra recolle o traballo deste mestre da imaxe durante o ano 1993, un ano decisivo na súa carreira, que despunta pola súa estreita colaboración con Vogue, revista na que chegou a asinar 28 portadas e máis de 100 editoriais.

Meisel preséntanos máis de cen retratos clásicos de homes e mulleres do mundo da moda e do cinema como Linda Evanxelista, Carla Bruni, Naomi Campbell, Hamish Bowles, Kyle MacLachlan, Claudia Schiffer, Jaye Davidson, Barbra Streisand, Marlon Richards, Isabella Blow, Amanda Harlech ou Twiggy.

Steven Meisel é amplamente considerado o fotógrafo de moda máis relevante e prolífico da súa xeración. Cun estilo aparentemente sinxelo pero de gran sensibilidade, foi o artífice dalgunhas das campañas publicitarias máis aclamadas da industria, con imaxes icónicas para Prada, Versace, Dolce & Gabbana, Valentino, Calvin Klein, Yves Saint Laurent e Zara.

A primeira exposición do mundo da fotografía de Seteven Meisel esá organizada por Marta Ortega. Para a súa presentación, a presidenta de Inditex organizaou un acto para as institucións o mércores 16 de novembro.

Posteriormente  celebrouse un pase VIP na que participaron as supermodelos do momento  fotografiadas por Meisel.

Meisel é o fotógrafo que descubriu ás coñecidas como 'supermodelos'

Graduado na Escola de Deseño Parsons, Steven Meisel rapidamente conseguiu traballo como ilustrador na casa de modas Halston. Axiña se aventurou a fotografiar as modelos emerxentes co seu Polaroid e chamou a atención de cabeceiras como "Women's Wear Daily' ou 'Seventeen'.

Finalmente foi o seu status de protexido das editoras vangardistas como Franca Sozzani  de 'Vogue Italia' e poderosas como Anna Wintour de 'Vogue Estados Unidos' o que finalmente catapultaría a Meisel na industria editorial, o que o levou e que o segue a levar incontables colaboracións.

"O enorme talento e a inesgotable capacidade creativa de Steven Meisel convertérono nun dos fotógrafos máis fascinantes da súa xeración", expresa nunha nota de prensa este xoves Marta Ortega.

Marta Ortega reúne aos grandes da moda ao redor de Steven Meisel

A anfitrioa Ortega Pérez, promotora da mostra a través da fundación que leva o seu nome, contou coa asistencia de destacadas personalidades do mundo da moda como Naomi Campbell, Christy Turlington, Natalia Vodianova, Amber Valletta, Irina Shayk, Karlie Kloss, Honra Fraser, Pat e Anna Cleveland, Karen Elson, Anna Sui ou Coco Rocha.

"Steven e eu apoiabámonos moito mutuamente. O traballo era traballo, pero non o parecía; tamén era divertido e podiamos traballar toda a noite para conseguir o que buscabamos: o resultado, a estética, a esencia da sesión. Foi unha época moi especial", di Naomi Campbell.

"Non coñezo a ninguén que tivese tanto respecto como Steven pola moda e a beleza. Ter unha campaña ou unha sesión con Steven, unha primeira portada ou o que sexa: ese é o momento no que a túa carreira ten a posibilidade de transformarse en algo moito, moito máis grande", sinala Christy Turlington.

Steven Meisel é considerado un dos fotógrafos de moda máis relevantes e prolíficos da súa xeración e o impulsor da carreira de moitas destas soadas modelos na década dos noventa, un traballo que se recolle na exposición "Steven Meisel 1993 A Year in Photographs".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade