Cargando resultados...
A ex-xefa da ETA Anboto négase a declarar ante o xuíz polo asasinato de Miguel Ángel Blanco
A ex-xefa da ETA Anboto négase a declarar ante o xuíz polo asasinato de Miguel Ángel Blanco
A Audiencia Nacional deberá decidir se se xulga os investigados ou se arquiva a causa
G24.gal
19/04/2024 14:30
A que fora xefa da ETA Soledad Iparaguirre negouse a declarar ante o xuíz da Audiencia Nacional que instrúe a causa polo asasinato de Miguel Ángel Blanco.
A etarra compareceu por videoconferencia, dende o cárcere de Áraba, onde cumpre condena por outros atentados.
Era a última declaración pendente nesta causa, así que agora o xuíz García-Castellón deberá decidir se xulgan os investigados ou se arquiva, finalmente, a causa.