Publicador de contidos
Publicador de contidos

A fábrica de Estrella Galicia na Coruña sofre unha fuga de amoníaco sen causar feridos

A fábrica de Estrella Galicia na Coruña sofre unha fuga de amoníaco sen causar feridos

Cando os bombeiros chegaron á fábrica, o persoal da empresa xa procedera a pechar as chaves de paso e desaloxara todos os empregados que estaban a traballar nese momento

Fábrica de Estrella Galicia na Coruña Fábrica de Estrella Galicia na Coruña
G24.gal 29/08/2024 10:06

Os bombeiros acudiron na madrugada deste xoves á planta de Estrella Galicia na Coruña por unha fuga de amoníaco que non causou ningún ferido nin danos persoais.

O 112 Galicia informou este xoves de que sobre as 4:15 horas recibiu un aviso por parte do persoal de fábrica de cervexa, situada na rúa José María Rivera Corral, no polígono da Grela.

O alertador pedía axuda por unha fuga de amoníaco que se produciu na sala de máquinas, aínda que non estaba afectada ningunha persoa.

Cando os bombeiros chegaron á fábrica, o persoal da empresa xa procedera a pechar as chaves de paso e desaloxara todos os empregados que estaban a traballar nese momento.

Cos explosímetros, os bombeiros comprobaron que non había bolsas de gas na planta.

Fontes da empresa indicaron a EFE que "se tratou dun incidente que se atallou rapidamente" a través dos seus "propios protocolos de seguridade, que están preparados para unha reacción inmediata nestes casos".

"O protocolo inclúe a chamada aos bombeiros para que acudan por se é necesario e comproben que todo se resolveu satisfactoriamente, e así se fixo, quedando resolto o incidente enseguida e sen maiores consecuencias", continuaron.

No operativo tamén participaron 061, Policía Nacional e Local e Protección Civil da Coruña.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos