Publicador de contidos
Publicador de contidos

A falta de civismo dalgúns donos de mascotas enfada os veciños da Coruña

A falta de civismo dalgúns donos de mascotas enfada os veciños da Coruña

Moitos non limpan os restos que deixan os seus animais e os comerciantes quéixanse

G24.gal 05/04/2024 15:53 Última actualización 05/04/2024 16:15

A presenza de feces e ouriños de cans na vía pública e mesmo nas fachadas dos edificios e negocios perturba os cidadáns da Coruña.

Quéixanse do incivismo dos propietarios das mascotas e da falta de limpeza por parte do Concello. 

Farta da situación, unha comerciante do centro da cidade tirou de ironía e humor, e a través de dous carteis dálles as grazas aos donos dos animais por deixarlles facer as súas necesidades xusto na súa porta. 

Cando un can fai as súas necesidades e deixa todo perdido está claro que el non ten culpa.

 "Os donos somos os responsables. E se non, non o teñas". "Eu recollo sempre... e tiro auga". "Eu, o ano pasado, ao ir recoller as feces do meu can, esvarei e rompín a clavícula, pero é o que hai", comentan dúas propietarias de cans.

Pero á vista está que non todos os donos das mascotas recollen as súas deposicións  nin botan auga para limpar os seus ouriños.

 "Está todo perdido de caca". "Moitos non recollen", quéixase unha veciña.

E entre os que máis sofren estes comportamentos incívicos son os comerciantes. A propietaria deste local, próximo á céntrica rúa de Juan Flórez, decidiu pasar á acción.

María Pérez Estrada.- Propietaria de Mi Pequeña Merichic "Como cada mañá, vou abrir o meu negocio, e como cada mañá atópome cos ouriños dos cans. Con humor e ironía... Algo funcionou, pero...", di María Pérez Estrada, propietaria de Mi Pequeña Merichic. 

Tal e como reza o último cambio da ordenanza municipal, os donos das mascotas están obrigados a evitar que ensucien a rúa. Quen non o faga enfróntase a unha multa de entre 100 e 500 euros.

Moitos cren que, cando haxa que rascar o peto, comezarán a tomalo en serio.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade