Publicador de contidos
Publicador de contidos

A falta de maquinistas fai que se cancelen viaxes de tren dende Ourense

A falta de maquinistas fai que se cancelen viaxes de tren dende Ourense

Os sindicatos cifran en máis de 70 as cancelacións dende agosto

O persoal reduciuse en 10 condutores nos últimos catro anos

G24.gal 16/11/2021 13:23

Boa parte dos viaxeiros teñen que coller o autocar para ir dende Ourense a Lugo por estrada no canto de facelo por tren, como tiñan contratado. Son xa máis de 70 cancelacións de viaxes por vía férrea que se dan na estación da cidade das Burgas pola falta de maquinistas dende o mes de agosto. Unha situación que colle por sorpresa os viaxeiros e trastoca os seus plans xa que son avisados do cambio con moi pouca antelación.

Os sindicatos din que a escaseza de maquinistas se debe a falta de previsión para cubrir as vacantes por xubilación e que tamén hai falta de persoal noutros servizos ferroviarios.

Dende Renfe recoñecen a falta de maquinistas e din que están a traballar para que haxa incorporacións ao cadro de persoal canto antes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade