A falta de remuda xeracional ameaza a continuidade dos fornos de pan artesanais
A falta de remuda xeracional ameaza a continuidade dos fornos de pan artesanais
Non hai xente nova que queira aprender o oficio e a que se apunta dura pouco
Xa existen ciclos de FP pero dende o sector ven que non está a ser a solución á escaseza de profesionais
Os fornos de pan artesanal atravesan momentos complicados pola falta de relevo xeracional, ao que hai que sumar o incremento dos custos de produción. As ofertas de traballos quedan sen cubrir, non hai xente nova interesada en aprender o oficio e xa atopar un mestre panadeiro é misión case que imposible.
César Frieiras, presidente da Asociación de Panadeiros de Lugo, di que o pan artesán é o pan por excelencia de Galicia, que aposta pola tradición na forma de elaboración e un produto saudable que lle gusta ao consumidor.
"É a mellor recompensa que temos" di o presidente da Asociación de Panadeiros de Lugo.
Si que é un produto moi apreciado, aÍnda que o sector ten que facer fronte ás novas tendencias do mercado coas distribuidoras ofertando pans máis baratos aínda que non teñan a mesma calidade. Pero teñen tamén outra fronte aberta: os obradoiros non atopan man de obra.
Nesta panadería tradicional de Lugo teñen dous postos vacantes que non dan cuberto. Non hai xente nova que queira aprender o oficio. E a que se apunta dura pouco.
Xa existen ciclos de Formación Profesional, pero dende o sector ven que non está a ser a solución á escaseza de profesionais.
O presidente da Asociación de Panadeiros de Lugo, di que queren pasar á acción dun xeito vertical e buscar xente que realmente teña talento para realizar esta tarefa de panadeiro artesán. Porque se é complicado contratar aprendices, conseguir un mestre artesán é case imposible.