Cargando resultados...
A familia de Déborah pide que se impute o sospeitoso ou que se arquive xa
A familia de Déborah pide que se impute o sospeitoso ou que se arquive xa
O disco duro do ordenador de Déborah foi manipulado por profesionais
G24.gal
09/12/2021 14:15
Faltan máis de catro meses para que prescriba o caso da morte de Déborah Fernández Cervera, e a familia pide desesperada que se impute o sospeitoso policial e exparella da moza ou que se arquive xa.
Consideran que só se está facendo un paripé. Na conferencia de prensa que ofreceron hoxe apuntaron tamén que a recuperación do disco duro do ordenador da moza está sendo moi difícil porque foi manipulado por un equipo profesional.
O equipo legal que defende a familia tamén dixo que a investigación está chea de erros, perdas e mentiras, como a do inspector que negaba que tomara declaracións ou a testemuña que dixo que ía ao Club de Campo no seu coche e non tiña carné daquela.