Publicador de contidos

Publicador de contidos

A familia do desaparecido en Teo hai dez días segue a organizar batidas

A familia do desaparecido en Teo hai dez días segue a organizar batidas

Teñen o convencemento de que non marchou por vontade propia

Óscar García Lema, de 62 anos, mide 1,82 metros e pesa 85 quilos

G24.gal 08/04/2023 18:36 Última actualización 08/04/2023 19:01

A familia de Óscar García Lema, de 62 anos, fai unha chamada desesperada. Piden axuda para localizar este veciño de Teo, desaparecido hai dez días no lugar de Cepeda, en Cacheiras. 

Continúan organizando batidas para tentar dar co seu paradoiro. Cando se lle perdeu a pista, saíra da casa para comer coa familia en Santiago, pero non se presentou.

No domicilio deixou o móbil, a carteira coa documentación, as lentes e as chaves do coche dentro do vehículo. A familia está convencida de que non marchou por vontade propia.

De complexión forte, mide 1,82 metros de estatura e pesa 85 quilos. Cando desapareceu, vestía roupa escura.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade