Publicador de contidos
Publicador de contidos

A familia real británica deixa o loito

A familia real británica deixa o loito

O rei retoma a actividade cotiá tras o dó por Isabel II

Carlos III estrea monograma

Antón Montero 27/09/2022 18:58 Última actualización 27/09/2022 20:34

A familia real británica retoma a actividade cotiá tras o loito polo pasamento de Isabel II.

Foron sete días de dó suplementarios, que se suman aos outros dez que a casa real viviu xunto ao resto dos británicos tras o pasamento da raíña.

Nesta semana, a actividade oficial foi practicamente nula.

Carlos III só celebrou unha audiencia telefónica co novo ministro de Economía, e todos os membros da familia real vestiron de rigoroso loito.

A primeira novidade na volta á normalidade percibírona os receptores da correspondencia do rei. Desde hoxe, as comunicacións oficiais de Carlos III levan o seu novo selo, un monograma coas iniciais do seu nome e cargo deseñado polo Colexio de Armas, como vén facendo desde hai máis de 500 anos.

Segundo algúns medios británicos, os asesores do monarca xa están preparando os detalles da cerimonia de coroación, que se manteñen no máis estrito segredo.

Non hai ningunha estimación de cando vai ser: lembremos que Isabel II foi coroada máis dun ano despois do falecemento do seu pai Xurxo VI.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade