Publicador de contidos
Publicador de contidos

Carlos III atópase "ben" tras ser operado da próstata nun hospital de Londres

Carlos III atópase "ben" tras ser operado da próstata nun hospital de Londres

O Palacio de Buckingham informou nun comunicado do ingreso do monarca

G24.gal 26/01/2024 11:16 Última actualización 26/01/2024 17:19

O rei británico, Carlos III, ingresou este venres nun hospital de Londres para ser intervido dun agrandamento da próstata, informou o Palacio de Buckingham nun comunicado.

Segundo a nota da Casa Real, o monarca está satisfeito de ver que o seu diagnóstico tivo "un impacto positivo" para concienciar a cidadanía sobre a saúde. 

"O rei foi ingresado este mañá nun hospital de Londres para un tratamento planificado. A súa maxestade quere agradecer a todos aqueles que enviaron os seus bos desexos durante a última semana e está encantado de coñecer que o seu diagnóstico está a ter un impacto positivo na concienciación cidadá sobre a saúde", sinala.

Os medios británicos difundiron imaxes de Carlos III abandonando a súa residencia de Clarence House e entrando xunto á raíña Camila no hospital London Clinic, no centro de Londres.

Precisamente nese mesmo lugar, a súa nora, Catarina, princesa de Gales, recupérase da cirurxía abdominal á que se someteu a semana pasada.

O rei chegou a Londres na noite do xoves desde a súa residencia de Sandringham, no leste de Inglaterra, para a súa intervención de hoxe.

O pasado 17 de xaneiro, Buckingham informou de que Carlos se sometería a un tratamento esta semana por un agrandamento de próstata "benigno", sen detallar a data.

O palacio agregou que "os compromisos públicos do rei -de 75 anos- se pospoñerán durante un breve período de recuperación".

Carlos III manifestou o seu desexo de compartir a súa afección coa cidadanía para animar outros homes a someterse a revisións, segundo a contorna do monarca.

Un día despois do anuncio, a raíña Camila dixo nun acto público que o seu esposo se atopa ben e que está "desexoso de volver ao traballo". 

Os medios británicos informaron que o rei Carlos III se atopa "ben" tras a intervención á que se someteu para tratar un agrandamento de próstata.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade