Publicador de contidos
Publicador de contidos

A feira Xuvenlugo ofrece entretemento para rapaces e familias durante todo o Nadal

A feira Xuvenlugo ofrece entretemento para rapaces e familias durante todo o Nadal

Hai atraccións para todas as idades, ademais de xogos e talleres para os máis pequenos

A entrada custa sete euros e dá dereito a montar en todos os carruseis

G24.gal 23/12/2023 20:33 Última actualización 23/12/2023 20:45

As atraccións típicas das feiras son o prato forte de XuvenLugo, un evento que desde hai 25 anos reúne carruseis e xogos para rapaces de todas as idades durante as festas do Nadal.

"Gústame vir cos meus amigos e pasalo ben, merendar por aquí e ir ás atraccións".

"Gústame porque é moi divertido e ten moitas atraccións".

"É unha forma de pasar o Nadal bastante entretida a un prezo razoable e temos bastantes actividades case para todas as idades", explica Ramón Solvén, membro da organización.

A entrada custa sete euros e dá dereito a montar en todas as atraccións. A maiores, este ano hai minigolf, xadrez, pistas de scalextric e talleres para os máis cativos.

"Teño dúas pequenas que están aquí e ás que lles gustan moito as colchonetas, e pois pasar un bo anaco".

"Hai moitos xogos e moitas atraccións tanto para os maiores como para os máis pequenos. A verdade é que está moi ben".

"Creo que é unha boa forma de pasar a tarde, pásase ben, é moi divertido".

Un plan que se prolonga todo o Nadal, agás a Noiteboa, a Noitevella e a véspera de Reis.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade