Publicador de contidos
Publicador de contidos

A finais de xuño comezará a fase de construción das fragatas F-110 en Navantia Ferrol

A finais de xuño comezará a fase de construción das fragatas F-110 en Navantia Ferrol

Será despois de que remate o delicado proceso de deseño detallado dos buques

A SEPI investiu 100 millóns de euros na modernización do estaleiro para acometer a fabricación das fragatas

G24.gal 17/05/2022 18:51

A finais do mes de xuño comezará a construción das fragatas F-110 no estaleiro de Navantia, en Ferrol. Será nesa data cando remate o traballo de deseño detallado dos buques para a Armada.

A SEPI investiu cen millóns de euros na modernización do estaleiro, con melloras na dixitalización e implantación de robots.

O obxectivo é acelerar a construción das cinco fragatas con vistas á acoller novos pedidos no futuro. Así o asegurou a Secretaria de Estado de Defensa, Amparo Valcarce, na comisión de Defensa do Senado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade