O paseo marítimo da Coruña é o segundo máis longo de toda Europa
O paseo marítimo da Coruña é o segundo máis longo de toda Europa
Lanzarote arrebatoulle recentecemnte o primeiro posto
Moitos aseguran que non hai mellor forma de coñecer A Coruña que percorrendo o seu paseo marítimo.
"É que podes percorrer toda a cidade". "E cunha vistas inmellorables". "Amais é un percorrido cultural porque podes ver o castelo do Santo Antón, a Torre de Hércules".
Un lugar perfecto para gozar ao aire libre e da paisaxe. Pero pensado tamén para os deportistas.
"Porque ten tres vías: para os coches, para os peóns e para as bicicletas".
Comezou a construirse a principios dos anos 90 por treitos e, a día de hoxe, está considerado como un dos máis fermosos de España. Os farois que están en boa parte do paseo, cunha rechamante cor vermella e de estilo modernista, son un dos elementos máis característicos".
Con máis de trece quilómetros bordeando a cidade herculina foi ata hai pouco o paseo marítimo máis longo de Europa.
"Ata que chegou Lanzarote que nos pillou".
Lanzarote arrebatoulle o primeiro posto do pódio tras comezar unha remodelación do seu paseo marítimo no 2016 e rematándoa con case 27 quilómetros de lonxitude.
"Pode ser máis longo, pero non tan bonito coma este".
Polo de agora, o paseo marítimo coruñés é o máis longo de Galicia e de toda a península Ibérica... e tamén o segundo máis longo de toda Europa.