Publicador de contidos
Publicador de contidos

Fan falla traballadores na construción en Galicia

Fan falla traballadores na construción en Galicia

O sector da construción enfróntase o seu maior reto futuro. Conseguir man de obra nova para lograr a remuda xeracional. Arestora hai escaseza de traballadores e os que continúan no sector rozan de media os 40 e os 50 anos

Piden máis formación para poder facer fronte a gran demanda de traballo que existe actualmente

G24.gal 03/08/2024 15:17

A falta de man de obra nun sector tan importante para a nosa economía, como é o da construción, comeza a ser un problema para empresarios e clientes.

Esa falta de persoal provoca a freada do emprego e a alza dos prezos. En consecuencia, moita xente aposta pola rehabilitación fronte a nova construción.

A patronal estima que en España fan falla uns 700.000 empregados. En Galicia falariamos duns 5.000 traballadores. Escaseza que comeza a suplirse con persoas chegadas doutros países que poidan fomentar esa remuda xeracional.

As rehabilitacións xa supoñen o 65 % dos traballos do sector. Piden máis implicación das administracións para fomentar a formación neste eido. Do contrario, este oficio deberá reinventarse tanto a nivel construtivo como no uso de novos materiais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade