Publicador de contidos
Publicador de contidos

A finais deste verán estará rematada a primeira fase do novo CHUAC

A finais deste verán estará rematada a primeira fase do novo CHUAC

Terá 1.500 camas, o dobre de postos de urxencias e 500 consultas

G24.gal 21/03/2022 14:43

A finais deste verán estará rematada a primeira fase das remodelación e ampliación do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC).

O novo CHUAC custará 430 millóns de euros, o "maior investimento da sanidade pública galega", segundo destacou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na presentación hoxe do proxecto dos novos edificios, acto en que participou a alcaldesa da cidade, Inés Rey.

Feijóo dixo que o novo Complexo Hospitalario Universitario da Coruña vai ser unha referencia para pacientes e traballadores sanitarios. Terá 1.500 camas, o dobre de postos para urxencias que agora, 40 quirófanos e 500 consultas externas.

"Queremos que se aposte por un modelo de asistencia sanitaria en que se fomenten os hospitais de día, a cirurxía sen ingreso, o traballo de unidades multidisciplinares, con alta tecnoloxía para conseguir unha mellor diagnose para diminuír os tempos", afirmou o presidente da Xunta.

A primeira fase da obra custa 13 millóns, pero o orzamento total roza o 430 millóns.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos