Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Fiscalía abre dilixencias de investigación penal a Jácome pola denuncia dos seus excompañeiros

A Fiscalía abre dilixencias de investigación penal a Jácome pola denuncia dos seus excompañeiros

Na demanda, presentada no decembro pasado, acusan o alcalde de Ourense de malversación ao compaxinar a súa actividade profesional co salario público

G24.gal 01/03/2024 12:33

A Fiscalía abriu dilixencias de investigación penal ao alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, tras unha denuncia por suposta malversación de fondos públicos interposta por excompañeiros do seu partido e agora presentada pola partido Coalición de Centro Democrático (CCD).

Concretamente, a denuncia foi presentada o 5 de decembro de 2023 ante a Fiscalía, que decidiu abrir dilixencias de investigación, segundo confirmaron a Europa Press fontes do Ministerio Público, para dirimir se hai unha posible responsabilidade penal pola denuncia presentada por incompatibilidade do posto de alcalde con outros ingresos.

Segundo recolle o texto da denuncia, Coalición de Centro Democrático (CCD) pediu investigar un suposto delito continuado de malversación de fondos públicos, en relación a que o rexedor estaría "compaxinando a súa actividade profesional e o soldo público a propósito da súa incompatibilidade".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade