Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Fiscalía acelerará ao máximo a declaración de falecemento dos mariñeiros do Pitanxo

A Fiscalía acelerará ao máximo a declaración de falecemento dos mariñeiros do Pitanxo

É necesaria para xestionar as pensións de viudedade ou orfandade, e tamén para os procesos administractivos das herdanzas

A norma di que hai que esperar tres meses desde a desaparición 

G24.gal 21/02/2022 16:18

A Fiscalía de Pontevedra avanzou que acelerará "o máximo posible" os trámites para a declaración de falecemento dos doce mariñeiros do Villa de Pitanxo, o barco galego naufragado en Canadá o pasado martes, que seguen desaparecidos.

A Fiscalía provincial abriu dilixencias para descubrir o nome, a data de nacemento e o lugar de residencia dos mariñeiros, españois e estranxeiros, que aínda non puideron ser localizados tras o naufraxio do buque.

Estes trámites, que decidiron realizar de oficio, son necesarios para poder tramitar, en caso de seguir desaparecidos, as respectivas declaracións de falecemento.

Declaración de falecidos no Código Civil 

Esta declaración como falecidos, segundo recolle o artigo 194 do Código Civil español, procede tramitala "se transcorreron tres meses desde a comprobación do naufraxio ou da desaparición sen ter noticia deles".

Unha vez que se identifica o desaparecido e se acredita que formou parte da tripulación, o prazo é de nove días para iniciar o expediente para a declaración do falecemento.

A Fiscalía sostén que e declaración de falecemento é un trámite xudicial que se seguirá ante os xulgados de primeira instancia de Marín (Pontevedra), por ser o lugar onde o buque conxelador iniciou a súa travesía ata augas de Terra Nova.

A declaración de falecemento é necesaria para realizar diversos trámites, como a xestión de pensións de viuvez ou orfandade, e tamén para os procesos administrativos das herdanzas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade