A Fiscalía considera probado que Txapote e Amaia asasinaron a Manuel Zamarreño
A Fiscalía considera probado que Txapote e Amaia asasinaron a Manuel Zamarreño
A acusación pide para cada un deles 120 anos de prisión
O xuízo contra Javier García Gaztelu, Txapote, e Irantzu Gallastegi, Amaia, polo asasinato de Manuel Zamarreño quedou visto para sentenza na Audiencia Nacional. Nesta segunda sesión compareceron como testemuñas os axentes que participaron na investigación do atentado, así como varios membros do Comando Donosti da ETA.
Txapote e Amaia están acusados de perpetrar o atentando que hai 25 anos lle custou a vida ao concelleiro do PP en Rentería. A Fiscalía pide para cada un 120 anos de cárcere ao considerar "clara" a autoría do atentado.
O ministerio público cre que todas as declaracións e probas expostas no xuízo da Audiencia Nacional que sentou no banco a ambos os ex-xefes da banda terrorista constitúen proba suficiente para condenalos por un delito de asasinato terrorista, varios en grao de tentativa, así como estragos terroristas e tenencia e fabricación de explosivos.
Porque, segundo a fiscal, é "absolutamente incuestionable" que no momento do atentado, xuño de 1998, ambos formaban parte do comando Donostia como membros liberados, como acreditaron diversas sentenzas, e que non existía ningún outro comando operativo en Guipúscoa nesa época.