Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Fiscalía mantén a petición dos oito anos de cárcere para Santi Mina

A Fiscalía mantén a petición dos oito anos de cárcere para Santi Mina

A acusación particular tamén mantén a petición de nove anos e medio

G24.gal 31/03/2022 14:30

O fiscal Miguel Blasco elevou a definitivas as súas conclusións e mantivo a petición de oito anos de cárcere para Santi Mina, acusado de agresión sexual a unha muller en xuño de 2017 en Almería.

Durante a última sesión da vista oral, o fiscal modificou o seu escrito para incidir en que Mina actuou de forma "sorpresiva", que non ía nu, senón en roupa interior e que se produciron nun vehículo e non nunha caravana.

Tamén mantén a acusación o avogado da denunciante, que solicita nove anos e medio de prisión para Mina e tamén para David Goldar, que apunta que, aínda que non participou activamente na agresión sexual, non fixo nada para evitala.

"Cremos que hai probas máis que suficientes que unha valoración obxectiva e racional de todos os informes forenses. Hai ata seis informes psicolóxicos, un de lesións, varios intermedios, partes de asistencia... Todos eles corroboran a agresión", dixo aos medios ao rematar a terceira sesión do xuízo.

A acusación particular di que “lle ofreceron 400.000 euros á vítima por acudir á sala mentir”. Dixo que intentaron comprar a moza para que non mantivera a súa versión contra Santi Mina e David Goldar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade