A Fiscalía notifica a Trump a súa investigación polos documentos clasificados
Tamén se investiga a posible responsabilidade de Trump no asalto ao Capitolio
Detido o actor Jay Johnston por estar implicado co asalto ao Capitolio

O Departamento de Xustiza dos Estados Unidos notificou ao expresidente republicano Donald Trump que está a ser investigado por quedar con documentos clasificados tras deixar a Casa Branca, informaron este mércores medios estadounidenses.
A carta, que foi recibida polo seu equipo legal, supón un novo avance na investigación, comandada polo fiscal especial Jack Smith, sobre o manexo por parte de Trump de centos de documentos clasificados que foron achados polo FBI na súa mansión en Florida.
Trump nega actuar mal
O xornal The New York Times contactou directamente a Trump para preguntarlle se lle dicían que o acusarían, ao que respondeu que "non era certo".
Nunha entrevista, Trump negou que recibira unha comunicación formal da acusación polo seu manexo dos documentos.
Cando o New York Times lle preguntou se lle dicían que era obxecto dunha investigación federal, dixo que tiña que entender que non estaba en contacto directo cos fiscais.

Tamén se investiga a súa posible responsabilidade no asalto ao Capitolio
A investigación de Jack Smith tamén analiza a posible responsabilidade de Trump no asalto ao Capitolio, chamou a testificar a varias figuras próximas ao expresidente nos últimos meses. Entre eles ao que fora o seu xefe de Gabinete, Mark Meadows, quen deu o seu testemuño ante o fiscal Smith.
O fiscal xeral dos Estados Unidos Merrick Garland anunciou o 18 de novembro a designación de Smith como fiscal especial para investigar a Trump polo asalto ao Capitolio de 2021 e polos documentos clasificados achados en Mar-a-Lago, a súa mansión en Florida.

Detido o actor Jay Johnston por estar implicado co asalto ao Capitolio
O actor Jay Johnston, coñecido por programas como Mr. Show With Bob and David e Bob's Burgers, foi detido en California acusado de disturbios no ataque do 6 de xaneiro de 2021 contra o Capitolio dos Estados Unidos.
Segundo informaron medios locais, a Johnston acúsano dun delito grave de obstrución á acción de oficiais durante un disturbio civil e doutros delitos menores.
Documentos xudiciais apuntan a que o actor roubaría o escudo dun policía do FBI durante o asalto á sede do Congreso por parte dunha turba de seguidores do expresidente Donald Trump.
Mesmo existe material de vídeo en que Johnston foi captado empurrando á policía e axudando aos alborotadores que atacaron aos axentes que custodiaban o recinto.
O 6 de xuño unhas 10.000 persoas manifestáronse fronte ao Capitolio e preto de 800 irromperon no edificio do Congreso para tentar frear a ratificación do triunfo de Joe Biden nas eleccións presidenciais.