Publicador de contidos
Publicador de contidos

A folga do sector da alimentación de Pontevedra paraliza a actividade en varios supermercados

A folga do sector da alimentación de Pontevedra paraliza a actividade en varios supermercados

A negociación do convenio, segundo a representación dos traballadores, está estancada principalmente pola negativa da patronal de asumir unha revalorización dos salarios con carácter retroactivo pola perda de poder adquisitivo

G24.gal 23/06/2023 13:41

O sector da alimentación da provincia de Pontevedra vive unha xornada de folga en protesta polo estancamento da negociación do convenio colectivo. Os traballadores ven insuficiente a proposta económica da patronal. 

"As condicións parécennos precarias. Un salario xusto, un convenio digno", dicía unhas das traballadoras á porta dun dos supermercados.

Os asuntos nos que hai máis problemas para chegar a un acordo é en cuestións de "promocións profesionais, incrementos salariais e, sobre todo, na revalorización do IPC", dicía Transi Fernández, responsable nacional servizos da CIG, convocante desta folga.

A patronal "non quere dar unha revaloriación con carácter retroactivo e nós insistimos en que esa revolorización tense que dar porque este sector tanto o ano pasado como no anterior nin sequera se aproximou ao IPC do 6,5 e 5,7", explica a representante sindical.

Os clientes atopáronse con algúns supermercados pechados, e aqueles que permanecían abertos víronse na obriga de baixar a persiana ante a presenza dos folguistas.

Os grupos de piquetes distribuíronse por distintas zonas da cidade para obrigar a paralizar a actividade habitual nestes establecementos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade