Cargando resultados...
O paro do transporte mantén paralizada a actividade forestal na Mariña
O paro do transporte mantén paralizada a actividade forestal na Mariña
Os eucaliptos deberan estar cortados e seguen en pé
G24.gal
29/03/2022 13:29
Pistas forestais polas que non circula maquinaria e eucaliptos que deberan estar cortados e seguen en pé. É a situación que se vive en toda A Mariña por causa da folga de transporte.
Os primeiros cortadores non poden servir madeira ás industrias e estas non poden sacar por estrada os produtos elaborados.
É unha situación que provoca importantes perdas económicas, pero que tamén implica unha demora nuns traballos que despois haberá que recuperar a marchas forzadas.
"Dende o día 14 temos a actividade parada. Suspendemos o traballo no monte porque non se pode trasladar a madeira e non ten sentido estar facendo talas nestes momentos", explica María José Fernández, de Torres Forestal.