Publicador de contidos
Publicador de contidos

A fotógrafa Estela de Castro, que retratou a familia real, imparte un obradoiro en Vigo

A fotógrafa Estela de Castro, que retratou a familia real, imparte un obradoiro en Vigo

Está considerada como unha das mellores profesionais do retrato, polo tratamento da luz e a posición dos personaxes

Participou nunha charla aberta a afeccioandos, profesionais e público en xeral na azotea do centro comercial A Laxe

G24.gal 31/05/2024 21:18 Última actualización 01/06/2024 08:51

Estela de Castro, (Madrid, 1978), chegou ao retrato porque seu pai facía retratos.

"Entón cando decido ser fotógrafa o primeiro que fago é facer retratos, porque para min era a forma máis natural que tiña a fotografía. Ao final levo trinta anos facendo retratos e todo é cuestión de práctica", afirma a fotógrafa, considerada unha das mellores na súa especialidade dentro do panorama español.

Na tarde deste venres participou nun dos obradoiros organizado polo centro comercial A Laxe, no porto de Vigo, que pretende dinamizar culturalmente o centro. Este obradoiro de fotografía está coordinado por Brais Lorenzo, premiado fotógrafo ourensán, afincado temporalmente na cidade olívica.

"Ter aquí a Estela, a mellor retratista do momento, neste marco espectacular coas Cíes de fondo, nunha charla aberta ao público, é un luxo", sinala.

A luz, a colocación dos personaxes, a composición do decorado, son elementos polos que destaca a súa obra. Aínda que para a propia Estela, "todo está inventado".

"Tomo moito como referencia a pintura, como se colocaba o corpo, como quedaba máis estético, todo iso xa está inventado".

Estela de Castro mesmo foi chamada pola Casa Real para unha encarga especial: realizar os retratos oficiais da familia de Filipe VI.

"O máis difícil para min desa encarga foi o enfrontarme a opinión do público, de millóns de persoas que ían ver o meu traballo. Pero ao final enfronteino como un traballo máis. Axudáronme moito e traballar con eles foi moi doado", comenta a fotógrafa.

No obradoiro Estela falou da súa traxectoria, das súas experiencias, da súa obra e das súas técnicas ante un público en que había fotógrafos profesionais, pero tamén afeccionados e profanos.

Non é a primeira vez que Estela de Castro está en Galicia impartindo charlas e obradoiros sobre a súa obra. Agora traballa nos últimos retoques dunha exposición que inaugurará en La Térmica, Málaga, sobre retratos de familia e os seus animais de compañía.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade