Publicador de contidos
Publicador de contidos

A fragata Blas de Lezo reforzará o operativo da OTAN no Mar Negro

A fragata Blas de Lezo reforzará o operativo da OTAN no Mar Negro

O buque de guerra, con base en Ferrol, é o máis moderno da Armada española

Imaxe da fragata Blas de Lezo no Arsenal Militar de Ferrol
G24.gal 21/01/2022 20:31

A Fragata Blas de Lezo incorporarase ao grupo permanente da OTAN en augas do Mediterráneo, formado por buques de guerra de todos os países da Alianza. A misión xa estaba prevista, pero adiantouse case un mes ante a crecente tensión entre Rusia e Ucraína. Está previsto que a semana que vén poida estar operativa na zona.

Gonzalo Leira, Comandante da 31ª Escuadra de Superficie da Armada, di que vai "para estar en disposición de actuar en calquera escenario en que se poida producir unha crise que afecte a seguridade".

A Blas de Lezo construíuse en Ferrol, e entregóuselle á Armada española no ano 2014. É un dos buques máis modernos que ten e conta cun completo sistema de armamento naval.

"Está en condicións para facer fronte ás condicións dos operativos e a calquera circunstancia que se presente", asegura o Comandante Leira.

Defensa xa enviou ao mar Negro outro Buque de Acción Marítima e tamén lle ofreceu á OTAN dous cazas do Exército español para reforzar o dispositivo aéreo en Bulgaria.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade