Publicador de contidos
Publicador de contidos

A fraxilidade defensiva do Celta, o primeiro problema para Giráldez

A fraxilidade defensiva do Celta, o primeiro problema para Giráldez

Claudio Giráldez: “Defendendo así, é imposible competir en primeira”

O Celta encaixou nove goles en catro partidos

Foto EFE
G24.gal 02/09/2024 14:48 Última actualización 02/09/2024 15:13

O Celta marcha á primeira parada de Liga cunha preocupante estatística negativa. Encaixou nove goles en catro partidos, sete deles nos dous partidos que disputou a domicilio: catro en Vilarreal e tres no Sadar. 

A derrota fronte ao Osasuna (3-2) radiografou a debilidade defensiva dun equipo que se atopa entre os cinco que máis encaixa das grandes ligas europeas. Só o Valladolid, con dez goles -sete deles esta xornada ante o Barcelona-, recibe máis goles no campionato español.

Na Premier League, o Everton (10) e o Wolves (9) empeoran os números do Celta nas tres primeiras xornadas. E en Francia faino o Montpellier despois de encaixar dez goles en tres partidos.

“Defendendo así, é imposible competir en primeira”, avisou Claudio Giráldez tras perder en Pamplona. 

O problema é grave porque en Balaídos está detectado desde hai anos. Avisouno Rafa Benítez á súa chegada o pasado verán. Construír un equipo sólido a nivel defensivo foi a obsesión do técnico madrileño. Non o conseguiu e acabou sendo cesado.

Con Giráldez, o Celta foi tapando esas carencias defensivas polo seu rendemento en ataque. Pero nestes dous primeiros partidos a domicilio, esa fraxilidade defensiva foi maiúscula e a fenda converteuse nunha focha.

Os sete goles encaixados en Vilarreal e Pamplona impediron puntuar a un equipo capaz de marcar tres goles no Estadio da Cerámica e dous no Sadar. Nestas primeiras catro xornadas, o Celta de Giráldez gaña menos duelos, recupera menos balóns, recibe máis disparos e Iván Villar, o elixido na portería, está a parar menos por partido que o curso pasado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade