Publicador de contidos
Publicador de contidos

A frecha do Celta comeza a apuntar cara arriba

A frecha do Celta comeza a apuntar cara arriba

Este venres coñecerá o seu rival nos cuartos de final da Copa

G24.gal 18/01/2024 20:56

Benítez amósase máis feliz por como gañou o Celta en Valencia que polo pase a cuartos. O seu plan cumpriuse, funcionaron as rotacións e Luca de La Torre, Miguel e Tasos Douvikas dobregaon a defensa valencianista con dous goles nos primeiros 20 minutos. Bo partido do californiano cunha asistencia e este tacón sen pensar que abriu o marcador.

Miguel Rodríguez provocou o penalti que transformou Tasos Douvikas. Sen facer ruído, o grego leva sete goles, entre liga e copa, os mesmos que Larsen e con bastantes menos minutos xogados.

E agora que? Este venres é o sorteo. Eliminatoria a partido único en campo propio ou fóra. Os elixidos para a Copa, polo menos, están ilusionados. Benítez gañou por primeira vez como visitante en Mestalla, un campo que o idolatra. Pode que a súa sorte estea cambiando por fin esta temporada e a do Celta tamén.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar