Cargando resultados...
A Fronte Polisario acusa de "traizón" o Goberno español
A Fronte Polisario acusa de "traizón" o Goberno español
O delegado saharauí en Galicia insiste en reclamar un referendo de autodeterminación
G24.gal
18/03/2022 22:37
O delegado da Fronte Polisario en Galicia acusa o Goberno de "vender" os cidadáns saharauís. Mohamed Zerga considera unha "traizón" que o executivo apoie a proposta marroquí dunha autonomía para o Sáhara Occidental. Asegura sentirse decepcionado, sobre todo porque esa decisión vén de España. Sostén que o 90 % dos saharauís teñen a nacionalidade española.
Zerga advirte que non van renunciar ás súas aspiracións e seguirán reclamando que se celebre un referendo de autodeterminación para que os saharauís poidan decidir o seu futuro. O representante da Fronte Polisario en Galicia avisa de que baixo ningún pretexto aceptarán unha autonomía imposta.