A frota pesqueira galega di que a eliminación da bonificación do gasóleo é inasumible
A frota pesqueira galega di que a eliminación da bonificación do gasóleo é inasumible
O combustible supón arredor dun 30 por cento dos gastos dos pesqueiros
A Xunta pídelle a Bruxelas unha transición enerxética planificada para a pesca
O combustible supón arredor do 30 % dos gastos da frota pesqueira galega. Denuncian que se se elimina a bonificación do gasóleo, como propón a Comisión Europea ou a Organización Mundial do Comercio, estarían perdidos.
Un estudo realizado pola Universidade de Santiago apunta que as frotas máis afectadas, a de arrastre ou palangre de altura, entrarían en perdas estruturais se se cambia a fiscalidade dos combustibles.
As distintas organizacións pesqueiras defenden que son das máis controladas, as máis sostibles e das que mellor traballan, polo que reclaman que non se limite a súa capacidade produtiva con taxas que consideran inasumibles.