A Fundación SGAE e a Radio Galega convocan unha nova edición de Escoitamos Teatro
A Fundación SGAE e a Radio Galega convocan unha nova edición de Escoitamos Teatro
Os textos presentados deberán ser inéditos e integramente orixinais e cun máximo de dous personaxes. O tema, o xénero e o estilo son libres.
A inscrición está aberta ata o 8 de maio
O obxectivo é fomentar a creación de novos textos teatrais en lingua galega e impulsar o xénero do radioteatro ao tempo de apoiar a autores e autoras da SGAE. Entre as obras presentadas escollerase un número entre dous e catro, a criterio do xurado.
Fundación SGAE e a Radio Galega achegarán un presuposto conxunto de 3.000 euros a modo de premio compartido para as pezas seleccionadas, cantidade que se repartirá do seguinte xeito:
- 1.500 euros para cada texto se as obras seleccionadas fosen dúas.
- 1.000 euros para cada texto se as obras seleccionadas fosen tres.
- 750 euros para cada texto se as obras seleccionadas fosen catro.
Ademais, as obras serán dramatizadas, gravadas e producidas por un equipo profesional no estudio da Fundación SGAE en Santiago de Compostela e posteriormente serán divulgadas nas plataformas dixitais da Fundación SGAE. A Radio Galega programará estas pezas na Fm e tamén as difundirá nas súas plataformas dixitais.
Os textos presentados deberán ser inéditos, integramente orixinais e cun máximo de dous personaxes. Tema, xénero e estilo serán libres.
Para máis consultas: pblanco@fundacionsgae.org