Publicador de contidos
Publicador de contidos

A G2 ofrecerá tres partidos da primeira eliminatoria da Copa o 1 de novembro

A G2 ofrecerá tres partidos da primeira eliminatoria da Copa o 1 de novembro

O Compostela-Tenerife (12:00), Covadonga-Deportivo (17:00) e Marbella-Rácing (20:00) serán retransmitidos en directo

G24.gal 20/10/2023 21:43

Na tarde do venres coñecemos os horarios das eliminatorias da primeira rolda da Copa do Rei. Precisamente o Rácing xogará en Marbella ás 20:00 horas o mércores festivo, 1 de novembro. O Compostela no Vero Boquete recibirá ao Tenerife ás 12 do mediodía e ás 17:00 horas xogarase o Covadonga-Deportivo aínda sen sede definida. Serán eliminatorias a partido único e poderán seguir estes tres partidos pola G2.

O Celta tamén xogará o día 1 ás 15:30 horas diante do Turégano, o Lugo ás 16:00 horas no campo do Antoniano, o Arenteiro ás 16:30 diante do Real Avilés e o Boiro recibirá a visita do Mallorca ás 18:30 en Barraña. O xoves, ás 19:00 horas será a quenda do Arousa que gozará na Lomba diante doutro equipo de Primeira, o Granada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade